GRUPOS XUVENÍS DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS
26 E 28 DE XUÑO ÁS 20.00 h (Entrada de balde)
Pim pam pum / Grita
O 26 e 28 de xuño, coincidindo coa celebración das festas de San Paio, os dous grupos xuvenís da EMAE levarán a cabo as súas exhibicións de fin de curso, que servirán para pechar o curso lectivo 2018-2019O mércores 26, a partir das 20.00 h, no Teatro Principal,o Grupo Xuvenil 2 porá en escena, o espectáculo Pim pam pum.
Un espectáculo que trata sobre a irracionalidade da guerra, dos conflitos bélicos vistos dende a ollada dun neno.
A montaxe está dirixida polos profesores Xosé Lueiro e Arturo Covase interpretada polos rapaces Vanessa, Agra, Uxía Correa, Alicia Chenlo, Alberte Arxibai, Saleta Lueiro, Jesús Carbia, Julián Rosende, Carlota Torrado, Carla Cutrín, Tegra Vidal, Adrián Quintela, Alba Mendoza, Cristina Rivadulla e Noa Baloira todos con idades comprendidas entre os 12 e 13 anos.Pola súa banda, o Grupo Xuvenil 1 porá en escena o espectáculo Grita!
Esta montaxe, de creación colectiva, realiza unha reflexión sobre a liberdade de expresión. Está interpretada polos actores Lucía Chenlo, Laura Calvelo, Giovanni Deidda, Mencía Vidal, Karina Montoro, Alba Vázquez, Paula Barreira, Alba Martínez, Sergio Iglesias, Pablo González, Elena Carracedo, Sergio González.
GRUPO DE ADULTOS ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS
DOMINGO 16 DE XUÑO ÁS 21.00 h (Entrada de balde)
A rosa de papel
Ramón del Valle-Inclán
Este vindeiro domingo ás 21.00 h, no Teatro Principal, o grupo de adultos volverá reencontrarse co esperpento de Valle Inclán.
Nesta ocasión porá en escena A rosa de papel, obra pertencente ao Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte.
Dirixida por Anabell Gago, a peza está interpretada por Ana Rivadulla, Ánxela Sanmartín, Anxos Pais, Aranza Barreiro, Dori Carbia, Fina Raposo, Manuel Rebolo, Rosa López, Sabela Arca, Santiago Agra e Serxio González.
GRUPOS INFANTÍS DA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS
Sábado 8 de xuño ás 20.00 h
A MÁQUINA DA HISTORIA / MITO VS TECNO
O vindeiro sábado 18, a partir das 20.00 h, os grupos Infantil 1 (+10) e Infantil 2 (-10) da EMAE ofrecerán as súas exhibicións de fin de curso, dúas montaxes en formato danza-teatro que están dirixidas polas profes Paula Quintas e Akira Valero.
As pezas titúlanse A máquina da historia (Grupo Infantil 2) e Mito vs. Tecno. Moita merda para Lía, Alessandra, Miguel, iana, Lucas, Helena, Clara, Nerea, Estela, Violeta, Aldara, Marta, Inés, Catalina, Noa, Carlota, Santiago, Uxía, Andrés, Marcela, Mariana, Roi, Sara, Carla, Cristian, Lara, Antía, e Borja. Vémonos no Teatro Principal!