Os pasos que debes seguir para inscribirte son ben sinxelos:
1-Facede unha preinscrición nos teléfonos 647 411 970 ou 986 573 601.
2-No caso de que dispoñades de praza, a finais de setembro convocarásevos para unha xuntanza de inicio de curso onde se vos asignarán horarios e profesorado.
3-Nesta xuntanza, daránsevos os impresos de inscrición. Cando os cubrades, teredes ata finais de novembro para efectuar o pagamento da matrícula que poderedes aboar en dous prazos. Os novos alumnos disporedes de dúas clases de cortesía, sen custo ningún, antes de efectuardes o dito pagamento.
4-Os alumnos matriculados no exercicio 2019-2020 tedes a vosa praza garantida. Os novos optaredes a unha en función da dispoñibilidade de prazas que haxa.
Cal é o importe do curso?
1-Os alumnos dos grupos infantil e xuvenil deberedes aboar 96,00 € e os adultos 120,00 € polo curso completo. Aqueles alumnos que xa tiveran aboada a segunda parte do curso 19-20, logo de suspenderse as clases, só seberán aboar o importe relativo á primeira parte do curso (60,00€ os adultos e 48,00€ os grupos infantil e xuvenil).
2-O importe do curso poderase aboar nunha soa partida (ao longo do mes de novembro) ou podedes fraccionalo en dúas liquidacións (a primeira metade durante o mes de novembro e a segunda durante o mes de marzo).
3-Os socios ou familiares directos de socios da Asociación de comerciantes da Estrada (ACOE) dispoñedes dun desconto dun 30% no prezo da matrícula.
4-Os familiares directos (fillos ou irmáns) de alumnos que xa estean matriculados na Escola só pagaredes a metade do importe da matrícula.