O carácter multidisciplinar do teatro convérteo nunha ferramenta didáctica de grande importancia, sexa cal sexa a idade do alumno en cuestión.

No teatro aprenderás a... RELAXARTE, A DESINHIBIRTE, A COMUNICARTE COS DEMAIS, A SER MÁIS CREATIVO, A COMUNICAR AS TÚAS EMOCIÓNS, A GAÑAR EN AUTOESTIMA, A TRABALLAR EN EQUIPO...

A actividade escénica tamén é moi útil para mellorar a dicción e a utilización da lingua propia; para conectar ao alumnado coa súa cultura, e para transmitir e fomentar valores. Realmente, podemos dicir sen medo a esaxerar, que a práctica teatral é unha actividade terapéutica e socializadora.

Co obxecto de atender a ese carácter multidisciplinar do feito teatral, a Escola vén incorporando á súa oferta didáctica, profesores especializados en disciplinas como a danza contemporánea, a improvisación, o clown ou a expresión oral co gallo de fornecer ao actor dunha formación o máis completa posible.

CONSEGUE A TÚA CERTIFICACIÓN ACADÉMICA!

Aínda que a Escola Municipal de Artes Escénicas non ten carácter regrado; podes obter, en calquera fase do proceso pedagóxico, unha CERTIFICACIÓN ACADÉMICA oficial, expedida pola Fundación Cultural da Estrada, na que o presidente da Fundación e o xerente da Escola Municipal de Artes Escénicas acreditarán, a efectos curriculares, os cursos e contidos traballados.