Matrícula e Grupos

 

Os pasos que debes seguir para inscribirte son ben sinxelos:

1-Facede unha preinscrición nos teléfonos 647 411 970 ou 986 573 601.
2-No caso de que dispoñades de praza, a finais de setembro convocarásevos para unha xuntanza de inicio de curso onde se vos asignarán horarios e profesorado.
3-Nesta xuntanza, daránsevos os impresos de inscrición. Cando os cubrades, teredes ata finais de novembro para efectuar o pagamento da matrícula que poderedes aboar en dous prazos. Os novos alumnos disporedes de dúas clases de cortesía, sen custo ningún, antes de efectuardes o dito pagamento.
4-Os alumnos matriculados no exercicio 2023-2024 tedes a vosa praza garantida. Os novos optaredes a unha en función da dispoñibilidade de prazas que haxa.

 

 

IMPORTE DO CURSO

1-Os alumnos dos grupos Infantil, Xuvenil e Danza +40 deberedes aboar 96,00 € e o grupo de Adultos 120,00 € polo curso completo.
2-O importe do curso poderase aboar nunha soa partida (ao longo do mes de novembro) ou podedes fraccionalo en dúas liquidacións (a primeira metade durante o mes de novembro e a segunda durante o mes de marzo).
3-Os socios ou familiares directos de socios da Asociación de comerciantes da Estrada (ACOE) dispoñedes dun desconto dun 30% no prezo da matrícula.
4-Os familiares directos (fillos ou irmáns) de alumnos que xa estean matriculados na Escola só pagaredes a metade do importe da matrícula.

 

 

GRUPOS

  • Grupo de Adultos: Mércores 21.00h (Teatro Principal)
  • Grupo de Danza +40: Sábado 09.45h (Aula Novo Mercado)
  • Grupo Infantil: Sábado 11.15h (Aula Novo Mercado)
  • Grupo Xuvenil: Sábado 12.45h (Aula Novo Mercado)

*Os horarios poden estar suxeitos a cambios en función da matriculación do alumnado
Os horarios previstos para o curso 2024-2025 están pendentes de confirmación