Será a partir deste venres 20 de febreiro ás 20.00h no Teatro Principal da Estrada, unha actuación que servirá para abrir unha xira que levará á EMAE e Tequexetéldere que interpretan esta peza a participar nas Convergencias Galiza-Portugal 2026, concretamente no teatro Espaço Vita de Braga este sábado ás 21.30h e o sábado 28 no Cento Ágora da Coruña ás 19.30h. Unha ocasión inmellorable para coñecer o talante e a vida dunha muller irrepetible.











