A EMAE actúa en Callobre e Moreira

actuacion

Este vindeiro sábado día 17 de outubro a EMAE actuará en Callobre e Moreira por partida dobre. Ás 19.30h escenificará a peza Celtas con filtro no local social de Moreira e a continuación, a iso das 20.30h, terá lugar o pase de Foise no vento no teleclub de Callobre. A entrada será de balde ata completar a capacidade das salas.