
Chus Picallo, Julio Cores, Silvia García, Abel Eiras, Alba Aller e un grupo de cativos dirixidos por esta última participarán representando á EMAE no roteiro que a asociación Agadea celebrará para visibilizar os efectos da enfermidade do Alzhéimer. Arrancará este venres día 18 a partir das 19.00h da praza do Mercado cunha duración estimada de 2 horas.
