
A EMAE vén de presentar a peza que a unidade de produción estreará o vindeiro sábado 3 de outubro ás 20.00h no Teatro Principal da Estrada. Escrita por Toño Pena, dirixida por Xosé Lueiro e interpretada por Chus Picallo, Begoña Sánchez, Gonzalo Valcárcel, Eva Iglesias, Silvia García, Mateo Pereira, Shela Carbia e Henry Villalobos, a montaxe intenta visibilizar a problemática do alzhéimer de xeito humanizado e vitalista. Unha iniciativa apoiada tamén pola asociación estradense Agadea que ten no Teatro unha das máis valiosas ferramentas para loitar contra as etapas temperás da enfermidade. As entradas estarán á venda desde o luns 28 de outubro no Dpto. Cultura do Concello da Estrada a un prezo de 5 euros. Habilitarase tamén unha fila cero para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa asociación Agadea.
