Aberta a inscrición para o curso 26-27

inscricions emae

A EMAE abre o prazo de inscrición para todos e todas aquelas persoas que queiran iniciarse no eido das artes escénicas (teatro, clown, danza...). Se estás interesado en sumarte á nosa escola, só tes que facer unha reserva de praza no departamento de Cultura da Estrada ou chamar ao número 986573601 en horario de 09.00 -14.00h. As clases comezan en outubro. Lembra que dispoñemos de Grupo Infantil (6-11 anos), Grupo Xuvenil (12-17), Grupo de Adultos (+18) e Grupo de Danza+40 (+40 anos). Non é necesaria experiencia previa e ademais, dispós de dúas clases de proba.