CANCELADO O ROTEIRO DA EMAE POR MOR DA CHOIVA

O roteiro Cronoestrada previsto para mañá sábado polas rúas da Estrada cancélase polas inclemencias meteorolóxicas. Nos vindeiros días intentarase buscar unha nova data para a súa realización.

Volvemos co roteiro ás rúas da vila!

emae9

Este sábado ás 11.00h e ás 12.00h en tres quendas volvemos repetir o roteiro Cronoestrada polas rúas da vila. Achégate á praza da Feira e vive unha experiencia única! Un roteiro que vos conducirá á historia que agochan moitos recunchos da nosa vila.