Marabillosa acollida da peza Foise no vento

FOISE

Este sábado día 3, estreouse no Teatro Principal a peza Foise no vento, unha peza sobre o alzhéimer que fixo abrollar algunha que outra bágoa no patio de butacas e que contou co respaldo do público que encheu o Teatro Principal. Acompañáronnos os responsables da asociación Agadea que aproveitaron a ocasión para visibilizar a problemática soial e familiar deste enfermidade. O vindeiro 17 de outubro, ás 20.30h, a peza volverá a repetirse no teleclub de Callobre.