A EMAE estrea a Lenda de Montelongo

emae montelongo 
Será este vindeiro sábado (20.00h) e domingo (19.00h) no Teatro Principal. Setenta anos máis tarde, a veciñanza estradense verá como distintos colectivos da vila poñen en marcha a zarzuela galega A lenda de Montelongo. A peza musicada hai 100 anos polo mestre Bernardo del Río, estará interpretada por Tequexetéldere, a EMAE, o profesorado do Conservatorio de Música Profesional da Estrada e a Coral Polifónica Estradense, acompañados polos solistas Indra Sesti e Jacobo Rubianes. Un total de 60 artistas dirixidos por Xabier Comesanha na parte musical e Julio Cores na parte teatral. Un evento dunha magnitude especial que ninguén debe perderse.