Materias e contidos

 

O carácter multidisciplinar das artes escénicas fai que sexa unha ferramenta educativa de grande importancia, máis alá da idade do alumnado. Na EMAE aprenderás a RELAXARTE, DESINHIBIRTE, COMUNICARTE, EMOCIONARTE, CREAR E TRABALLAR EN EQUIPO... A actividade escénica é tamén moi útil para mellorar a dicción e o uso da lingua nai, para concectarte coa cultura universal e para transmitir e fomentar valores. 

 

Co obxecto de atendera ese carácter transversal das artes escénicas, a Escola vén poñendo á fronte da súa oferta didáctica a profesores especializados en disciplinas como a danza contemporánea, o clown ou a improvisación co gallo de ofrecerlle ao alumnado a formación máis completa posible.

 

Deste xeito, na EMAE traballamos áreas como o xogo escénico, a expresividade oral, a improvisación, o movemento coreográfico, a creatividade desde o corpo e a imaxinación ou a montaxe escénica asociada á comprensión crítica da realidade e a educación en valores.