Esta pasada semana, a EMAE ergueu o pano dun novo curso lectivo. O martes día 15 foi o grupo de Adultos tutelado por Anabell Gago quen botou a andar. Este pasado sábado día 19 tomaron o relevo os grupos Infantil e Xuvenil e o vindeiro sábado 26 porase en marcha o grupo Danza+40. Os catro grupos xunto á Unidade de Produción da Escola Municipal de Artes congregarán a máis de 70 actores e actrices nas distintas actividades previstas ao longo do período escolar.