
A EMAE, xunto coa Coral Polifónica Estradense, Tequexetéldere, o profesorado do Conservatorio de Música Profesional da Estrada e os solistas Indara Sesti e Jacobo Rubianes ultima a estrea da zarzuela galega A lenda de Montelongo que terá lugar os días 25 e 26 de outubro ás 20.00h e 19.00h, respectivament,e no Teatro Principal da Estrada. Unha cita histórica e ben relevante dentro do eido das artes escénicas estradenses tanto dende o punto de vista participativo coma do xénero elixido que obrigará a retirar varias filas de butacas do Teatro para introducir o corpo musical. As entradas podedes retiralas no Dpto. Cultura do Concello a un prezo de 5,00€.