"BAGAXE" no Principal

bagxe
 
Este vindeiro domingo ás 18.30h, no Teatro Principal, os actores Arturo Cobas e Natalia Outeiro estrearán a peza BAGAXE. Un espectáculo onde cada maleta contén unha nova historia, unha aventura que contar. Unha viaxe única onde a emoción e a comedia se unen ao redor de dous pallasos nunha explosión de creatividade chea de vivencias e ilusión.