O pasado venres 17 de maio os actores da EMAE Silvia García, Abel Eiras e o cativo Mateo Pereiras, acompañados pola Banda Municipal da Estrada puxeron en escena o musical Carme sempre túa, escrito por Manuel Brey e musicado por Simón Couceiro. O recoñecemento do público foi unánime, despedindo a todo o elenco cunha sonora ovación. Un espectáculo que enfeitizou a todos pola súa tenrura e sensibilidade e que quedará na memoria dos espectadores por moito tempo.