A EMAE e ACOE rubrican un novo convenio

Firma convenio ACOE EMAE
Juan Constenla Carbón, en calidade de vicepresidente da Fundación Cultural da Estrada, entidade á que pertence a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) e Alfredo González, presidente da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) asinaron hoxe un novo convenio de colaboración mediante o cal todos os asociados e asociadas de Acoe, ademais dos familiares directos destes, gozarán dun 30% de desconto na matrícula dos cursos da Escola de Artes Escénicas. O convenio entrará en vigor durante todo este ano lectivo con carácter prorrogable durante exercicios posteriores. Coa sinatura deste convenio, a EMAE segue co seu obxectivo de tender pontes de colaboración con distintos colectivos estradenses e a ACOE incentiva e promove a práctica escénica entre os seus asociados e asociadas.