Os males do tabaco galardoada nos Premios Uxío Labarta de Zas

males do tabaco
A EMAE, coa peza Os males que fai o tabaco, dirixida por Santiago Cortegoso, e protagonizada por Gonzalo Valcárcel coa colaboración do OMMCB vén de acadar dous premios na Mostra teatral de Zas Uxío Labarta, co premio ao mellor actor para Gonzalo Valcárcel e o 3.º premio á Mellor Obra de Teatro. Premios que supoñen unha enorme motivación e recoñecemento a un traballo de moitos anos.