Os contiños da Terra visitan Portugal

festival
A EMAE e a agrupación Tequexetéldere representarán a Galicia nas Convergéncias Culturais Galiza-Portugal programadas en homenaxe a Rosalía de Castro.

Será coa peza de Manuel García Barros, dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Chelo do Rejo, Fran Campos, Gonzalo Valcárcel e Carlos da Silva mais o grupo de cantareiras de Tequexetéldere.

A actuación será este vindeiro sábado na freguesía de Nogueiró (Braga) ás 21.30 h.