Comeza un novo ano lectivo!

Hoxe ás 21.00 h, erguerá o pano lectivo o grupo de adultos da EMAE, da man de Anabell Gago. As clases desenvolveranse os mércores ás 21.00 h. Por outra banda, a unidade de produción da EMAE reunirase hoxe para comezar a traballar nun espectáculo que estará dirixido polo director e actor de Talía Teatro, Artur Trillo, un dos primeiros profesores da Escola de Artes Escénicas. O espectáculo, de corte clásico, estrearase na primavera próxima.