IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán

bases Varela Buxan

A Fundación Cultural da Estrada, a través da Escola Municipal de Artes Escénicas, convoca o IX Premio de Textos Teatrais Varela Buxán co obxectivo de estimular a creación de nova dramaturxia galega.

Poderán concorrer ao premio todas as persoas que o desexen con textos inéditos escritos en lingua galega.

O prazo de recepción de orixinais pechará o 31 de outubro e a dotación económica será de 1.200 euros, ademais da publicación da obra gañadora. A organización escollerá un xurado de recoñecido prestixio presidido polo dramaturgo Santiago Cortegoso, que emitirá o seu fallo antes do 31 de decembro de 2023.

Accede ás bases da convocatoria nas webs aestrada.gal e emae.aestrada.gal