A Escola Municipal de Artes Escénicas, en colaboración con Tequexetéldere, estreará este vindeiro sábado no Centro de Juventude de Braga (Portugal) a obra Un médico de aldea de Manuel Reimóndez Portela. A peza responde a idea de homenaxear por parte do Concello da Estrada tanto a figura deste humanista e médico estradense coma a do seu fillo Luis Reimóndez Fernández. Adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso, na obra participan 10 actores e actrices e preto de 40 persoas entre músicos, cantareiras e bailaríns. Ademais, a peza contará cos debuxos en directo da artista estradense Rosa Herráiz. As entradas poderán recollerse ata o día da estrea no Dpto. Cultura do Concello da Estrada a un prezo de 3,00.