O Principal acolle a Homenaxe á Familia de Reimóndez Portela

IMG 20240301 WA0000
 
Será mañá sábado. Despois dunha exitosa estrea en Portugal, Un médico na aldea, a peza interpretada por Tequexetéldere, a EMAE e Rosa de Cabanas presentarase diante do público estradense, erguendo unha expectación sen precedentes. Tanto a función de mañá coma a do domingo ás 19.00h esgoataron as localidades e xa se están a vender entradas para unha nova función que terá lugar o vindeiro venres día 8 ás 21.00h. A peza de Reimóndez Portela está adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por 50 persoas entre corpo de baile, reparto actoral, cantareiras, músicos e debuxante en vivo. Un espectáculo que conta as peripecias dun médico no rural estradense e que reborda humanidade ao longo da súa hora de duración. Este é, sen dúbida, un dos acontecementos teatrais do ano na vila que ninguén debera perderse.