Despois do cheo na terceira función do pasado venres día 8, o espectáculo “Un médico na aldea” despachou as preto de 400 localidades da función deste sábado 16. Un fito que podería verse referendado cun quinto pase nas próximass semanas. Reimóndez Portela e as súas peripecias coma médico rural están a concitar a atención do público de xeito unánime.