Un médico na aldea despídese do Principal cun novo cheo

UMNA 8
 
A peza de Manuel Reimóndez Portela, escenificada por Tequexetéldere e a EMAE, pechou este domingo 7 de abril a súa singradura escénica con preto de 2000 espectadores nos cinco pases realizados no Principal. Unha vez máis volveuse poñer o cartel de Esgotadas as localidades para despedir unha montaxe que agora espera novos retos.