Sobre o mal que provoca o tabaco enche o Salón García de Vilagarcía

tabaco
 
A peza Sobre o mal que provoca o tabaco interpretada por Gonzalo Valcárcel, Pablo Bernárdez, Manuel Castedo e Juan Núñez visitou o Salón García de Vilagarcía este pasado venres 19 de abril, espertando unha grande expectación entre o público arousán que encheu as 200 butacas dispoñibles e dispensoulle unha grande ovación ao actor e músicos da montaxe da EMAE.