O musical Carme finalista dos premios Martín Códax

carme finalista
O musical Carme, sempre túa escrito por Manuel Brey, composto por Simón Couceiro e interpretado pola EMAE e a Banda Municipal da Estrada non para de darnos boas novas. Desta volta,  resultou finalista dos Premios Martín Códax da Música na categoría de Bandas de Música. Unha nominación que vén a referendar o talento estradense no eido das artes escénicas.  Xa podedes exercer o voto popular para apoiar a nosa candidatura.