Despois de 7 cheos e un grande éxito entre o público estradense, o musical Un médico na aldea, interpretado pola Escola Municipal de Artes Escénicas e Tequexetéldere coa colaboración da ilustradora Rosa Herráiz, pechou o pano no Teatro Principal este pasado sábado día 14 de decembro, e xa prepara a súa despedida definitiva no auditorio de Vilagarcía o 14 de febreiro. Serán un total de 10 funcións para unha peza que sempre terá un oco na memoria e o corazón do público estradense.