Este vindeiro 6 de marzo, tras cinco semanas pechados pola pandemia, a EMAE volverá reanudar as clases presenciais. Este sábado farémolo asistindo ás 11.00 h a un pase da obra Nina Ninette da compañía Traspediante Danza. A partir da próxima semana, primeiro o grupo de Adultos (mércores 10 de marzo) e despois os grupos infantil e xuvenís (13 de marzo), continuaremos coas clases nos horarios habituais.
Será ás 11.00 h este vindeiro sábado 6 de marzo. O Teatro Principal abrirá as súas portas para gozar da nova peza da compañía Traspediante na que traballa a nosa profe Paula Quintas. Unha proposta que revisa o mito da Cincenta en clave de igualdade cunha proposta visual ambientada na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922). Antes da peza, o elenco técnico dirixiralle ao alumnado unhas palabras sobre distinas premisas da montaxe. Agardamos impacientes esta preestrea!