As restricións sanitarias non conseguiron desanimar o alumnado da EMAE que pechou o ano lectivo filmando cadanseu proxecto de fin de curso. Desbotados os eventos presenciais por mor da COVID, os distintos grupos da escola puxeron en marcha os seguintes proxectos:
Grupo Infantil (06/06/2021): Soños
Grupo xuvenil 1 (12,19 e 23/06/2021/: John Wayne´s Furancho
Grupo xuvenil 2 (06/06/2021): POV (Pont of view)
Grupo de adultos (20/06/2021): Clowdemia
Tras o éxito acadado na estrea do mes de outubro, o Principal volve acoller este vindeiro venres 28 de maio unha nova entrega de Sobre o mal que fai o tabaco, peza interpretada por Gonzalo Valcárcel, dirixida por Santiago Cortegoso e acompañada musicalmente por Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez. Os convites poderán recollerse no Departamento de Cultura. Non faltedes!