A EMAE participa no Festival de Danza "6 coreógrafas"

COREOGRAFAS ESTRADA
Será mañá sábado cando o Festival de Danza, que terá lugar entre o 23 e o 25 de abril na nosa vila, levante o pano coa celebración de tres obradoiros de iniciación á danza impartidos por Paula Quintas.
Pola mañá serán os grupos infantil e xuvenil da EMAE os destinatarios do obradoiro.
Xa na sesión de tarde, ás 16.00 h será a quenda das academias de baile Sondodance e Absolute, e ás 18.00 h, o tecido asociativo de mulleres da Estrada, complementado tamén coa alumnas do grupo de adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas.

A Gala do Panic 21 xa ten curta e fotos gañadoras

gañadores do Panic 2021peq
Esta pasada semana o Festival de Cine de Terror PANIC, co que colabora a Escola Municipal de Artes Escénicas, entregou os galardóns dos concursos de fotos e curtas. Aquí vai a relación de gañadores:


III CONCURSO PANIC DE CURTAMETRAXES DE TERROR

Mención especial á curta de Carlota Torrado "24 horas"
1.º Premio ao traballo "Monte bravo" presentado por Noelia Muíño


III CONCURSO PANIC DE FOTOGRAFÍA DE TERROR

1-Modalidade IES
Accésit a Carla Villaverde pola foto "Volveu"
1.º premio a Carlota Torrado pola foto "Habelas hainas"

2-Modalidade +18 anos
1.º premio a Román Sanín pola foto "Tormento"