Tamén me congratula comunicarvos, que o Grupo Infantil da Escola renderá unha pequena homenaxe a Neira Vilas coa montaxe, en clave de danza, da peza ESPANTALLO AMIGO. Unha peza que contará coa colaboración de luxo da dramaturga galega ANA CARREIRA e coa dirección coreográfica de PAULA QUINTAS.
 
 
 
 

O Premio, que está organizado pola Escola Municipal de Artes Escénicas e patrocinado polo Concello, engade á nómina de gañadores a un dos dramaturgos galegos máis puxantes da actualidade. Gañador , entre outros, dos premios Álvaro Cunqueiro,  Josep Robreñó e Marqués de Bradomín de dramaturxia.