A primeira clase do grupo de adultos terá lugar finalmente o xoves 8 de outubro ás 21.00h.
 
 
 
O sábado día 17 de outubro ás 11.00hs, no Teatro Principal, terá lugar a presentación do curso 2015-2016 da Escola Municipal de Artes Escénicas. Estades convocados todos os alumnos que integrades os grupos infantís e xuvenís. 
 
Nesta presentación darase a coñecer a configuración dos distintos grupos, os horarios de clase e o profesorado co que contará o alumnado. As clases comezarán  o xoves 22 de outubro para o grupo infantil e o sábado día 24 de outubro para os grupos xuvenís.
 
Por outra banda, o Grupo de Adultos da EMAE, comezará as súas clases o vindeiro mércores 7 de outubro en dependencias do Teatro Principal da man de Anabell Gago.