A partir do 14 de setembro poderedes facer a vosa inscrición no novo curso da Escola. Os alumnos que xa estades matriculados para confirmar a vosa praza e os novos alumnos para solicitar o voso ingreso.

Contaremos con dous grupos infantís de 6 a 8 e de 8 a 10 anos. Dous xuvenís de 10 a 13 e de 14 a 17 anos; e un grupo de adultos a partir de 17 anos.

Reserva a túa praza nos teléfonos 647 41 19 70, 986 57 36 01 ou 986 57 09 97.

Máis información no apartado "Inscricións".

 

 

 

LUNS 22, 20.30h

Grupos Infantís EMAE

Os dous grupos infantís únense para poñer en escena 101 DÁLMATAS. Un divertido musical interpretado por vintecinco nenos de entre seis e dez anos que terá lugar o vindeiro luns día 22 ás 20.30h. Colabora nas coreografías a Escola de Baile Sondodance a través das súas profesoras Irene Gago e Carla Díaz.

 

XOVES 25, 20.00h

Grupo Xuvenil 2 EMAE

En plenas festas de San Paio, tomarán o relevo, os 18 alumnos do Grupo Xuvenil 2 para poñer en escena ás 20.00h o musical de GREASE. O clásico, ambientado nos anos 50 e interpretado por John Travolta e Olivia Newton-John, contará tamén coa colaboración nas coreografías de Montse Barcala (Sondodance).

 

MARTES 30, 20.30h

Grupo Xuvenil 1 EMAE

O día 30 ás 20.30h é o día elixido para que o Grupo Xuvenil 1 poña en escena PIM PAM CLOWN, un espectáculo de creación colectiva interpretado por 16 alumnos que incluirá sketchs traídos do mundo do mimo e pequenas pezas dialogadas relacionadas co absurdo da guerra e da violencia. A peza está dirixida polo profesor Arturo Covas “Nono”.

Todas as pezas serán gratuítas ata cubrir aforo.