Este vindeiro domingo 31 de maio ás 20.30 horas no Teatro Principal terá lugar a estrea de "Ópera Pánica. Cabaret tráxico" a cargo do grupo de adultos da EMAE.
A montaxe recolle unha selección dalgúns fragmentos da obra de Alejandro Jodorowsky. Un espectáculo apocalíptico que trata sobre os usos e abusos do poder que levan á humanidade á súa autodestrución. Todo isto aderezado cun sentido do amor acedo e amargo.
A peza está dirixida por Anabel Gago e interpretada polos 17 alumnos do grupo de adultos da EMAE.
Non faltes!!!!
Hora: 20.30 h
Entradas: gratuíta
Xénero: comedia
A Escola Municipal de Artes Escénicas modifica algunhas das súas clases por mor das festas de Semana Santa. Aquí tedes o horario lectivo acordado:
GRUPO ADULTOS: Mércores 1 ás 21.00h
GRUPO XUVENIL 2 (10-14 anos): Luns 6 ás 10.15h
GRUPO XUVENIL 1 (14-17 anos): Luns 6 ás 12.00h
GRUPO INFANTIL: Luns 6 ás 17.30h
Felices festas a todos!