Este vindeiro mércores ás 20.30h no Teatro Principal terá lugar a entrega do IV Premio de Teatro MOME "Varela Buxán" que lle será outorgado á actriz e dramaturga luguesa Ana Mª Carreira pola obra "Un intre antes do solpor".
No acto terá un lugar de relevancia a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, quen por medio dos actores Lola Puente e Gonzalo Valcárcel, fará lectura dunha escena da obra gañadora.
Ao remate do acto, que contará cunha duración estimada de 30m, o gañador do ano pasado, Santi Cortegoso, faralle entrega a todos os asistentes dun exemplar do seu "Smoke on the water".
Non faltedes!!
A Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada deséxavos un ano 2015 repleto de aplausos, sorrisos e desexos cumpridos! Feliz aninovo!
Lembrarvos, tamén, que as clases reanudan a súa actividade este vindeiro sábado día 3 para os grupos xuvenís da Escola.