Este vindeiro domingo ás 20.00h, o Grupo de Danza +40, composto por 16 integrantes, levará a cabo a súa exhibición de fin de curso. Un espectáculo titulado Xogos atemporais que terá lugar no Teatro Principal da Estrada. A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.
 
GRUPO DANZA
 
 
 
 

 

A EMAE, coa peza Os males que fai o tabaco, dirixida por Santiago Cortegoso, e protagonizada por Gonzalo Valcárcel coa colaboración do OMMCB vén de acadar dous premios na Mostra teatral de Zas Uxío Labarta, co premio ao mellor actor para Gonzalo Valcárcel e o 3.º premio á Mellor Obra de Teatro. Premios que supoñen unha enorme motivación e recoñecemento a un traballo de moitos anos.

 males do tabaco