Pastel de escarapote, en terras de Maside

pastel escarapote23

Este pasado sábado día 10 de xuño, a Escola Municipal de Artes Escénicas levou a súa comedia Pastel de escarapote ao antigo colexio de Maside (Ourense) onde se reuniu preto dun centenar de persoas para gozar do humor desta divertida comedia protagonizada por Anabell Gago, Chelo do Rejo, Pablo García, Cristina Andrade e José Antonio Valcárcel e os músicos Pablo Bernárdez, Manuel Castedo e Juan Núñez.

 

 

A EMAE celebra con éxito o seu XX Aniversario

Cabeza de dragona2

Despois dun duro proceso de ensaios, o esforzo pagou a pena. As 70 persoas participantes na montaxe A cabeza da dragona, dirixida por Anabell Gago coa colaboración coreográfica e de movemento de Paula Quintas e Arturo Cobas, converteron este clásico de Valle Inclán nun auténtico exitazo.

Con preto de 550 persoas asistentes entre os dous días (3 e 4 de xuño), o resultado final estivo á altura do que ocasión tan especial demandaba.

Tamén o corpo musical formado por alumnos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e do Conservatorio de Música de Vilagarcía axudou a facer da montaxe unha vivencia multisensorial que rematou por poñer en pé o patio de butacas. Noraboa a todos os alumnos e alumnas da EMAE.

Noraboa ao seu profesorado e noraboa a todos cantos axudastes a facer deste XX Aniversario unha efemérede inolvidable.