A Escola Municipal de Artes Escénicas celebrará esta vindeira fin de semana o seu XX aniversario cunha exhibición conxunta de todos os seus grupos (adultos, xuvenil, infantil e Teatro Danza), subindo a preto de 70 persoas ao escenario. A peza, que leva por título A CABEZA DA DRAGONA é unha farsa distópica baseada na obra de Valle Inclán.
A parte teatral está dirixida por Anabell Gago, Paula Quintas e Arturo Cobas. A parte musical está composta e dirixida por Jorge Ortal. Colabora coa montaxe, o Taller de Teatro Clámide de Vilagarcía. Durante o acto, a escola realizará unha lembranza de homenaxe a Lola Puente.
As entradas, que teñen un custo de 3,00€, poderán retirarse no departamento de Cultura do Concello da Estrada ou no despacho de billetes do Teatro Principal, media hora antes da función.