Fin de curso cos grupos infantil e xuveni!

Esta finde, o domingo día 29 de maio, os máis cativos da EMAE farán cadansúa exhibición de fin de curso. O grupo xuvenil 1 porá en escena ás 18.30h a peza UN DÍA DE PRAIA. Pola súa banda, o grupo xuvenil 2 porá en escena, ás 19.15h, a peza ACCIÓNS CONFINADAS. A entra será libre ata completar a capadidade da sala.

A EMAE, finalista na mostra de teatro de Zas

 
Que grande nova! O xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras finalistas que se representarán na súa quinta edición. Entre as cinco , figura a peza da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada Sobre o mal que fai o tabaco, escrita por Anton Chejov. Unha peza dirixida por Santiago Cortegoso, protagonizada polo actor Gonzalo Valcárcel e na que colabora o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. Todo un estímulo para seguirmos enchendo de vida os escenarios! O 7 de maio, achegarémonos ao auditorio de Zas para participar na gran fiinal.