Os contiños da Terra visitarán Cerdedo este domingo

Despois do éxito o pasado mes de de febreiro en Braga (Portugal), este domingo día 27 de marzo ás 18.30h, a EMAE levará os seus Contiños da Terra ao Centro Cultural Auditorio de Cerdedo. A peza estará acompañada polas cantareiras de Tequexetéldere e o acordeonista vilagarcián Carlos da Silva. A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

 

Os contiños da Terra visitan Portugal

festival
A EMAE e a agrupación Tequexetéldere representarán a Galicia nas Convergéncias Culturais Galiza-Portugal programadas en homenaxe a Rosalía de Castro.

Será coa peza de Manuel García Barros, dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Chelo do Rejo, Fran Campos, Gonzalo Valcárcel e Carlos da Silva mais o grupo de cantareiras de Tequexetéldere.

A actuación será este vindeiro sábado na freguesía de Nogueiró (Braga) ás 21.30 h.