A Emae e Tequexetéldere homenaxean a Avelina Valladares

cartel AVELINA emae

Será este sábado ás 20.00h e o domingo ás 19.00h. As dúas escolas súmanse aos actos de homenaxe a Avelina Valladares no ano do seu bicentenario. Os seráns en Vilancosta é un musical escrito e dirixido por Santiago Cortegoso interpretado por máis de 50 artistas que servirá para poñer en valor o legado que a cantora da Ulla espallou por toda Galicia. As entradas da peza poden retirarse no Dpto. de Cultura a un prezo de 3,00 euros.

 

 

A EMAE, no cartel do Teatrofilia

cartel emae teatrfilia

Este vindeiro sábado día 22 ás 20.30h, a peza _Sobre o mal que provoca o tabaco_, protagonizada por Gonzalo Valcárcel e musicada por Juan Núñez, Pablo Bernárdez e Manuel Castedo formará parte da programación da Mostra de teatro amador de Vedra, Teatrofilia. Estamos encantados de participar nunha das máis grandes mostras de teatro afeccionado de Galicia.