A EMAE, no cartel do Teatrofilia

cartel emae teatrfilia

Este vindeiro sábado día 22 ás 20.30h, a peza _Sobre o mal que provoca o tabaco_, protagonizada por Gonzalo Valcárcel e musicada por Juan Núñez, Pablo Bernárdez e Manuel Castedo formará parte da programación da Mostra de teatro amador de Vedra, Teatrofilia. Estamos encantados de participar nunha das máis grandes mostras de teatro afeccionado de Galicia.

A EMAE estará presente no Festival das Convergências de Braga

emae2Será este venres día 14 ás 21.30h na Junta da Freguesia de Nogueiró (Braga) coa peza Sobre o mal que provoca o tabaco, interpretada por Gonzalo Valcárcel e musicada por Pablo Bernárdez, Manuel Castedo e Juan Núñez. Un enorme orgullo para EMAE, formar parte, un ano máis, da carteleira dun festival tan importante para o mundo lusófono.